Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Cousas do cole
practicamos o uso do bloge

07/04/2008 GMT +1

Un segundo premio en Bucarest

cole @ 17:48

Os alumn@s que o curso pasado estaban en 4º de Primaria , participaron baixo a coordinación da mestra Belén Junquera no programa eTwwinning. O seu proxecto era "Kids hands in hands" e nel tamén participaban outros sete centros europeos.
Recibimos con moita emoción a noticia de que o noso Centro estaba entre os finalistas na súa categoría.
A prensa tamén se interesou por esta nova que saiu publicada na Voz de Galicia e no Faro de Vigo. Tivo repercusión na tele , cunha pequena reportaxe emitida en Tele Salnés onde entrevistaron tanto aos nen@s participantes como á mestra responsable do traballo.
Ao Centro chegaron felicitacións de diferentes organismos.
A entrega de premios tivo lugar en Bucarest (Rumanía)durante a Conferencia anual eTwinning do 14 ao 16 de marzo.Entre os asistentes estivo Belén Junquera.
Aínda que primeiro premio foi parar a outras mans , para os nen@s de Sestelo-Baión o feito de quedar de segundos na súa categoría xa foi toda unha vitoria.
Parabens para todos eles!

Poden ver máis información en:
http://www.sip.be/sTAManD/feelings/kidshandinhand.htm(información e imaxes sobre o proxecto "Kids hand in hand")

http://etwinning.cnice.mec.es/noticias/index.php?4&0 (información na web eTwinning sobre os premios)

PODEDES VER A ENTREVISTA DE TELESALNÉS NO SEGUINTE ENDEREZO

http://etwinning.cnice.mec.es/ideas/entrevista09.php

Comentarios

Comentarios(2) »

  1. Noraboa por este 2ºposto. As imaxes das vosas mans gustáronme moito . Vaia artistas que hai en Baión!

    Aru | 07-04-2008 - 20:59:48 GMT +1 #

  2. Son unha nai e é unha emoción ver como o meu colexio e agora o do meu fillo,sexa conocido internacionalmente....espero que o dia de mañán sigan cosechando moitos éxitos e nós sigamos sentindonos orgullos deles...un biquiño

    dayana | 23-04-2008 - 23:47:01 GMT +1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis