"COÑECER OS NOSOS MONTES"
O pasado venres 4 de abril , as nenas e nenos do 3º Ciclo participamos nunha actividade organizada pola Comunidade de Montes veciñais en Man Común de San Xoán de Baión .O motivo era celebrar o do Día Internacional da Árbore , que foi o oficialmente o 21 de marzo.
Saímos do cole e fixemos unha marcha a pé pasando polo monte do Castro ata chegar ao lugar de Montecelo. Alí despois de escoitar unhas breves explicacións , cada un de nós plantou un carballo.
Logo da camiñata e da plantación repuxemos forzas cunha saborosa merenda , que agradecemos á Comunidade de Montes.
Foi unha xornada ao aire libre na que disfrutamos da beleza da nosa paisaxe.


Chúzao
del.icio.us
Con este tipo de actividades ademais de disfrutar, aprendemos a coidar a natureza.
A foto moi chula!!
Menudo calor que facía .Foi moi divertido
vaia pinta, parece que imos apagar un incendio, pasamolo ben!!!!