Xa temos nome para a mascota da biblioteca
Entre todolos nomes propostos pol@s nen@s da escola resultou gañador o nome de RONI.
A nosa mascota é RONI
Entre todolos nomes propostos pol@s nen@s da escola resultou gañador o nome de RONI.
A nosa mascota é RONI
A ONU proclamou o 2008 Ano Internacional dos Idiomas.
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas recoñeceu a importancia de protexer as distintas linguas, o que equivale a protexer as culturas e promovelas.
No mundo fálanse actualmente unhas 6.500 linguas.
Manter a diversidade das linguas é unha maneira de garantir a diversidade das culturas.
O galego goza de vitalidade. Os galegos temos futuro e a lingua vai connosco.
Máis información no cadro de Ligazóns
Este ano na entrada principal do cole instalouse un esqueleto durante a semana do entroido .Este individuo e mediante un carteliño, mandounos vir á escola cada día cunha cousa diferente . Todos participamos. O venres cada quen disfrazouse como quixo e grazas á colaboración das nais e pais que mandaron filloas, orellas e outras larpeiradas fixemos unha pequena merendola
O 30 de xaneiro conmemoramos o día da Paz;todos xuntos cantamos e aplaudimos a representación dos nen@s do 1º ciclo "Por qué estás triste"