Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

XA TEMOS COMEDOR

O empeño das nais/pais da ANPA fixo posible que o comedor empezase a funcionar este curso, xa que a Consellería de Sanidade e a Delegación de Educación pospoñían a apertura para o vindeiro curso.

Ten moi boa aceptación xa que os menús son atractivos, saborosos e, sobre todo equilibrados , e seguirá na mesma liña no futuro.


LETRAS GALEGAS 2009

ramon-pineiro.jpg

Ramón Piñeiro López (Armea de Abaixo, Lama, Láncara, 31 de maio de 1915 — Santiago de Compostela, 27 de agosto de 1990) foi un filósofo, ensaísta e político galego, un dos principais artífices da reconstrución cultural galega na posguerra.

ENTROIDO 2009


Día da Paz 2009

O pasado día 31 de xaneiro, celebramos o Día da Paz para mostrar o noso desexo de mellorar a convivencia entre todos. Cantamos a canción "No dudaría" de Rosario e algúns compañeir@s leron poemas.
Para que haxa paz no mundo debe haber
Paz nas nacións.

Para que haxa paz nas nacións debe haber Paz nas cidades.

Para que haxa paz nas cidades debe haber
paz entre os veciños.

Para que haxa paz entre os veciños debe haber paz nos fogares.

Para que haxa paz nos fogares
debe haber paz nos corazóns .

Para que haxa paz nos corazóns
debemos ser amigos todos nós .

Para que sexamos bos amigos
debemos apoiar aos coñecidos.

NADAL 2008

Vaia como traballaron e o ben que resultou !!

O mellor momento a entrega de agasallos e ...o máis doce A CHOCOLATADA !

GRAN FESTA DO MAGOSTO

Un ano máis, festexamos o Magosto, onde tódolos nenos e nenas disfrutaron dos xogos, das castañas e do bo día.

SAMAÍN 2008


SAMAÍN

Estamos preparando o cole para celebrar o Samaín que xa está ahí, venres 31 de outubro.

coral-samain.jpg

Pronto mostraremos a nosa arte en cabazas, butefas, colondros...calacús..........................morcegos...pantasmas...monstros...

COMEZAMOS NOVO CURSO

Benvidos todos , xa no outono retomamos o blogue neste curso. Esperamos mellorar día a día , contamos con todos vós.

hojas.jpg

Botarémosvos de menos


Parece que comezaron onte e xa se van...Moita sorte !
Que sexades felices !