Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

SAMAÍN

bruxa3.jpg

SAMAÍN

OUTUBRO 2009

CEIP SESTELO BAIÓN


Invitámosvos  a  celebrar o Samaín .

Mostrade a vosa creatividade traendo ao cole a cabaza que nos deixe máis abraiados na exposición que faremos os días 28, 29 e 30 de outubro.

 

CURSO 2009-2010


Traballos de Quinto

FIN DE CURSO XUÑO 2009

O último día de clase organizouse un grandioso festival de fin de curso onde participaron todolos alumnos e alumnas. Cantamos, bailamos, interpretamos, escenificamos e despedimos aos alumnos e alumnas de 6º.


Gran Festa ANPA

O 18 de xuño a ANPA organizou unha gran festa para todolos rapaces da escola. Contrataronun grupo de animadores : pallasos-malabaristas.

Fixeron actividades de contos, xogos, globoflexia, cancións, maquillaxe,...rematando cunha opípara merenda para todolos nenos e nenas.


XOSÉ LOIS VILA FARIÑA

O 17 de xuño os alumnos de 4º,5º e 6º  tiveron unha charla de Xosé Lois Vila Fariña sobre a historia da nosa localidade, Baión, con anécdotas e cun interesante coloquio.


CONTACONTOS

O día 27 de maio poidemos disfrutar dos contaconcos que a Ed. Kalandraka enviou ao cole.


APÍPOLIS

A visita a Apípolis foi un éxito xa que os alumnos coñeceron de preto o mundo das abellas: que comen, onde viven , como se organizan e que produtos se obteñen delas. Tamén amasaron unhas galletas elaboradas co mel e fixeron unhas velas coa cera.


XA TEMOS COMEDOR

O empeño das nais/pais da ANPA fixo posible que o comedor empezase a funcionar este curso, xa que a Consellería de Sanidade e a Delegación de Educación pospoñían a apertura para o vindeiro curso.

Ten moi boa aceptación xa que os menús son atractivos, saborosos e, sobre todo equilibrados , e seguirá na mesma liña no futuro.


LETRAS GALEGAS 2009

ramon-pineiro.jpg

Ramón Piñeiro López (Armea de Abaixo, Lama, Láncara, 31 de maio de 1915 — Santiago de Compostela, 27 de agosto de 1990) foi un filósofo, ensaísta e político galego, un dos principais artífices da reconstrución cultural galega na posguerra.